" />

Silvia Alonso toma posesión do seu cargo como edil no Concello e titular da área de Igualdade e Muller

A profesora de universidade, Silvia Alonso Pérez tomou posesión esta mañá do seu cargo como edil de Igualdade e Muller do Concello de Lugo no transcurso do Pleno Extraordinario celebrado esta mañá. A alcaldesa, Lara Méndez, procedeu ao seu nomeamento agradecéndolle o compromiso que amosa “dando este paso adiante, nun contexto social, dixo a rexedora, difícil e complexo”. A rexedora aproveitou a súa intervención para darlle a benvida, desexándolle tamén moitos éxitos e acertos no seu labor nesta nova etapa, ao fronte da área de Igualdade e Muller. 

Quen tamén lle desexou o mellor a Alonso, foron os ediles do PP que, ademáis , puxéronlle deberes xa no seu primeiro día como concelleira. Os populares pedíronlle á nova edila de Lara Mendez a tramitación urxente da adhesión á Rede Galega contra a Violencia de Xénero e ao Vioxén. A concelleira popular Macamen López Silva confía en que Silvia Alonso sexa “sensible” e escoite esta petición do Grupo Popular e lle recorda que “das sete grandes cidades de Galicia só Lugo e Vigo non están adheridas á Rede Galega contra a Violencia de Xénero”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo