‘Sindicalismo e Galeguismo’, mañá no Ateneo Galeguista da man de Carlos Neira

O Ateneo Galeguista de Lugo organiza unha conferencia baixo o título de Sindicalismo e Galeguismo, na que interverá o ex-traballador de Astano e histórico sindicalista, Carlos Neira Suárez.

Con esta conferencia, o Ateneo Galeguista continúa co seu ciclo de charlas, comezada coa charla “Cristianismo e galeguismo”, para ofrecer unha visión global da relación do galeguismo e a galeguidade con diversos movementos de tipo social, relixioso ou histórico, nomeadamente centrados en Lugo.

A conferencia de Sindicalismo e Galeguismo celebrarase na Biblioteca Nodal de Lugo mañá, martes, día 5 de xuño ás 19.30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo