Sonia Arias presenta a súa última obra no Pazo de San Marcos

A Deputada de Benestar Social e Promoción Económica en funcións, Sonsoles López Izquierdo presentou esta mañá, no Pazo de San Marcos, Manchas de frío, o novo libro da escritora lucense Sonia Arias López. Trátase do segundo libro que esta autora, natural de Paradela e veciña de Sarria, publica coa editorial Angels Fortune. No acto de presentación estiveron acompañadas do escritor José Carlos Ulloa García.

A obra
En Manchas de frío crecen historias que achegan aos lectores ao surrealismo, intimismo, ao idealismo e tamén a máis descarnada realidade. Coa frialdade como tema principal do libro, a autora amosa a persoas valentes e loitadoras. Un libro rompedor no que a través de 24 relatos realiza un percorrido polos sentimentos humanos a través das emocións.

Sonsoles López sinalou que “contamos cunha escritora lucense, muller vitalista e creativa, que nesta publicación aborda o tema da frialdade, sobre todo na sociedade. Cunha narrativa moi sutil amosa historias de valentía e loita contra as inxustizas”.

“Es que no solo quiero conseguir que se conozca lo desconocido, sino que se recuerde lo olvidado” é a frase que resume este libro e que a autora deixa plasmada nesta publicación. Cunha narrativa diferente e pensativa, cargada de sarcasmo e ironía, amosa pequenas historias e realidades na que a esperanza está sempre presente. Arias López explicou que “Manchas de frío é un libro para pensar. Unha obra que nace despois de aguantar, ver e soportar inxustizas”.

Sonia Arias

No seu primeiro poemario Parques de Atracciones, Sonia Arias aborda o amor e o desamor. En Campos de batalla, o seu segundo poemario, diversifica a súa temática e reflexa a madurez creativa da escritora. Nesta publicación, Manchas de Frío a escritora lucense afonda a través da narrativa na frialdade e nas inxustizas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo