Suma e sigue nos casos por Coronavirus en Lugo

Cincocentas trinta e unha persoas están afectadas pola Covid-19 na área sanitaria de Lugo, vinte e catro máis que onte. As cifras non deixan de subir e todo parece indicar que estamos ás portas da terceira onda, xa que na contorna do vindeiro día dez comezaremos a ver o resultado dos excesos do descontrol de fin de ano.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.991, deles 1.224 son da área da Coruña, 531 da de Lugo, 688 da de Ourense, 751 da de Pontevedra, 1.113 da área de Vigo, 1.336 da de Santiago, e 348 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 5.593 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.660 persoas curadas, rexistrándose 1.421 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.137.651.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com