SUPLUSA incrementou a venda de solo dende que Martínez foi elixido presidente

A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A promotora da área Industrial de Chantada ven de asinar a venda dunha nova parcela cunha superficie de 1.000 metros cadrados, “esta venta eleva o solo vendido desde o ano 2017 por esta Sociedade a 12.000 metros cadrados”.

Nos vindeiros días ”asinarase unha nova operación de reserva de solo industrial neste Area de 13.000 m2, cun valor de case 400.000,00 euros o que supón que a superficie de solo industrial deste área se atope practicamente vendida polo que se valorará a posta en venta, proximamente, da maza central deste área industrial, bloqueada ata a data por diversas negociacións de reserva da mesma”, declarou Martínez.

A Sociedade tamén  conseguiu vender solo nas áreas industriais de: Begonte, na que se adxudicaron 12.000 m2 , Friol 4.500 m2 e Baleira 1.000 m2.

A Sociedade sigue coa tramitación administrativa e de dotación de servizos para a construción da área industrial de Baralla que albergará, dada a súa privilexiada situación, unha importante plataforma loxística;  e ten en marcha a redacción do planeamento para a construción dunha área industrial no Concello de Guntín.

Asemade esta Sociedade iniciou hai uns meses a obra de urbanización da Area Industrial de Cospeito, que contará na súa Fase I cunha superficie aproximada de 50.000,00 m2 dos que xa están reservados 25.000 m2.

A Sociedade Urbanística, “consolida así os seus bos resultados obtidos no ano 2018 no que o importe neto da cifra de negocios foi de 635.827,93 € o que supuxo un incremento de 602.283,05€, polo tanto do 1.795,45 % respecto á cifra do exercicio 2017, que foi de 33.544,88 €. Cifra que superou amplamente as cifras do exercicio 2016 e exercicio 2015 que foron de 158.928,54€ e 203.166,45€ respectivamente”, rematou informando o presidente de SUPLUSA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com