Suso Peña, fillo predilecto de Ribadeo

O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu este mediodía o pleno extraordinario no que lle foi concedida a distinción de fillo predilecto de Ribadeo a título póstumo ao artista Suso Peña.

A sesión deu comezo coa benvida do alcalde, Fernando Suárez, aos asistentes a este solemne acto. A continuación o secretario, José Rodil, deu lectura ao acordo plenario no que se aprobou a concesión do devandito título a Suso Peña.

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, foi o encargado de dar lectura á Laudatio sobre Jesús Manuel Peña Rego.

A viúva de Suso Peña recibiu de mans do alcalde e do concelleiro de Cultura o diploma acreditativo e tamén un pin conmemorativo. Ela agradeceu aos amig@s e asociacións que impulsaron este recoñecemento e ao Concello de Ribadeo a súa concesión.

Ao actos asistiron artistas, veciños e veciñas ribadenses  así como representantes das asociacións que solicitaron esta distinción para Suso Peña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com