Talleres Myky gañador da Copa Deputación en categoría veteráns

O Talleres Myky impúxose ao Veteranos de Paradela no partido que tivo lugar no campo de A Campiña, no Concello de Lugo. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, entregou o trofeo ao Talleres Myky, gañador da Copa Deputación de fútbol en categoría veteráns. 

O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com