" />

Tarabela Creativa chega a Sarria con ‘Sentido común’

A Praza da Vila de Sarria será o escenario onde Ángeles Goas, Dani Blanco e Carmen Conde, de Tarabela Creativa farán as delicias dos sarriaos nunha sesión, a partir das 7 da tarde, para público xuvenil e adulto que, centrados na xente normal e corrente contarán historias de sentido común.

Un espectáculo de narración oral que baixo o título Sentido común, conta historias “grandiosas de verdade” para recuperar, recontar e relembrar a todas esa pequena xente que fai grande o mundo, para que non se esqueza a súa memoria, para que todas lembremos que temos algo que contar. Nós somos as comúns.

Mañá, a partir das 19 horas, na Praza da Vila de Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo