Terremoto en Vilalba

Un anuncio dunha compañía de seguros proclama que un terremoto sacudíu o territorio onde a mensaxe se recibe, aclarando logo que o terremoto resulta ser a reacción popular diante das posibles ventaxas das especiais ofertas da empresa aseguradora.

O pasado domingo, a Televisión galega, deu a nova dun acontecemento similar en Vilalba, un terremoto que sacudirá a capital da Terra Chá, aclarando de inmediato que se trataba do sorprendente resultado das eleccións municipais nas que, por primeira vez, o Partido Socialista adiantaba ao Partido Popular e conseguía o goberno municipal vilalbés, recordando que esta era a localidade onde naceu Manuel Fraga Iribarne, que no último medio século marcou e inspirou o goberno da capital vilalbesa.

Que os socialistas ían medrando no panorama político vilalbés, non era novo, e xa nas eleccións de 2015 non deron unha sorpresa por unha présa de votos. Pero esta vez foi a definitiva, e o Psoe pode optar por gobernar Vilalba en solitario ou coa colaboración de Vilalba Aberta que, con dous concelleiros non se convirte en árbitro da situación, pero si en grupo político co que contar por pura razón numérica.

Desde hai algo máis de corenta anos, A.P. ou P.P. gobernou Vilalba ininterrumpidamente, con rotundas victorias electorais. Pero chegou este momento onde as mareas están en refluxo e o Psoe vive tempos de euforia desde a conquista do goberno do Estado cunha moción de censura, e nestas eleccións municipais conserva moita da forza demostrada nas pasadas eleccións xerais. E o PP, en Vilalba, en Lugo ou en calquera concello, precisa gañar por maioría absoluta para gobernar, xa que non ten ao seu dispor aliados naturais, contando só coas súas propias forzas.

Así, o PP non pode pretender alianza con Vilalba Aberta, que supoño non terá reparos en tratar co Psoe, e pasa á oposición. E Vilalba vai ter a primeira alcaldesa da democracia. Non será a primeira alcaldesa de Vilalba, que xa a vilalbesa Mercedes Ramudo, da ferretería da Porta de Cima, foi nos anos trinta a primeira alcaldesa galega.

Comezamos un tempo novo, no que desexamos o mellor para Vilalba. Que todo vaia ben, e que os vilalbeses o disfrutemos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com