A TIC apoia a festa de recreación castrexo-romana Friulio que se celebra en Friol esta fin de semana

A Fundación TIC apoia o primeiro Friulio, o encontro de asociacións de recreación castrexa e romana que se celebra esta fin de semana en Friol con motivo dos 25 anos da Feira do Queixo e Pan de Ousá. O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o presidente da Asociación de Recreación Histórica de Friol, A Castronela, organizadora da festa, Manuel Ángel Fernández Díaz, asinaron este venres un convenio de colaboración nun acto que tivo lugar no Museo de San Paio de Narla da Deputación.

Álvaro Santos anunciou que “a TIC gravará o encontro e elaborará diversas reportaxes para contribuír á difusión do primeiro Friulio así como á promoción dunha das citas gastronómicas máis importantes da provincia, que nesta edición cumpre as súas vodas de prata. Con esta festa o municipio de Friol suma un novo atractivo para os visitantes e pon en valor a nosa historia e as nosas orixes, coa recreación dos modos de vida, costumes e crenzas das culturas castrexa e romana”.

“A Castronela súmase ás organizacións sen ánimo de lucro de toda a provincia coas que colabora a Fundación TIC. Son xa máis de 170 asociacións de índole social, cultural ou deportiva, entre outras, coas que traballamos para dar unha maior difusión as súas actividades e contribuír ao importante labor que desenvolven a prol da sociedade lucenses”, engadiu Santos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com