Trasladado ao HULA un home atropelado por un tractor en Sarria

Un home foi evacuado esta tarde ao Hospital de Lugo ao ser atropelado por un tractor cando traballaba no monte, en Sarria.

Foi un particular quen ás 17:30 horas de hoxe chamou ao 112 Galicia para informar dun home ferido a causa dun accidente de tractor na contorna do Parque Eólico de Meixente.Ali acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias para evacuar ao ferido ao complexo hospitalario de Lugo debido ás lesións de diversa consideración que presentaba.

Para colaborar neste operativo, desde o 112 Galicia, tamén se informou á Garda Civil e Policía Local e aos Bombeiros de Sarria, que descartaron intervir en canto comprobaron que a persoa estaba liberada e accesible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com