Trasladado en helicóptero o condutor dun tractor tras sufrir un accidente en Chantada

O condutor dun tractor resultou ferido de consideración despois de envorcar o seu vehículo na parroquia de Muradelle, no concello de Chantada.

Todo ocorreu ás 10:30 horas, cando os profesionais sanitarios chamaron ao 112 Galicia para solicitar medios de excarceración para o tractorista. Durante a comunicación cos xestores de emerxencia, informaron que o home atopábase atrapado baixo o vehículo no lugar de Barrio.

Debido á gravidade das lesións, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informouse da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao ferido.

Desde o 112 puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Chantada que, unha vez no lugar, puideron liberar ao condutor que foi evacuado a bordo da aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse tamén a intervención dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil de Chantada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com