Tres anos de prisión pola venda de estupefacientes

A sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo vén de decretar tres anos de prisión e unha multa de 150 euros a un veciño de Lugo de 53 anos de idade pola venda de sustancias estupefacientes.

A Audincia Provincial considerou probado que, tras un tempo de vixilancia por efectivos policiales, o pasado 14 de agosto de 2015, o condenado con iniciais E.C., se reunira cun cliente no barrio da Milagrosa entregándolle un envoltorio termosellado que contiña 0.235 gr de heroína valorada, en función da súa riqueza, en 51,38 euros.

Do mesmo xeito, o día 26 de agosto do mesmo ano, E.C., volveu a se reunir co mesmo cliente nun descampado da cidade entregándolle, de novo, unha bolsiña con0.225 gramos da mesma substancia, valorada en 46,81 euros.

A Audiencia Provincial acúsao dun delito de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde polo que se lle condena a 3 anos de cárcere e o pago da multa de 150 euros ademáis das costas xudiciais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com