Tres candidaturas optan aos postos da lista de EN MAREA por Lugo para as Galegas

Victor Álvarez, apoiado polo sector nacionalista e galeguista da Plataforma; Vanessa Somoza que conta co apoio de Esquerda Unida e outras siglas afíns e Elías Pérez que lidera a candidatura autodenominada Lugo Plural serán os cabeza de lista doutras tantas candidaturas, das que os militantes e simpatizantes de En MAREA terán que sacar os nomes que conformen a lista definitiva pola provincia de Lugo.

Cada elector de EN MAREA terá que escoller destas tres listas oito nomes que serán os que copen os nove primeiros postos da papeleta de EN MAREA, é dicir do segundo ao noveno lugar,  porque o primeiro posto está reservado  para o candidato á presidencia da Xunta, Luís Villares, que aínda que traballa na Coruña, presentarase pola nosa provincia, xa que é de Lugo. As listas serán en gramalleira: home-muller, muller-home.

Por outro lado, aínda hai que agardar a decisión que tome Podemos. Se os militantes do partido morado deciden ir con EN MAREA, haberá que buscarlles tamén acomodo na lista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com