Tres colectivos veciñais da Reserva da Biosfera Terras de Burón piden unha moratoria dos proxectos eólicos

A potencial implantación de 307 novos aeroxeradores na Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos e Terras de Burón (42 complexos eólicos), que se sumarían aos 326 xa existentes (12 complexos eólicos), coloca en alto risco a declaración de Reserva da Biosfera debido á degradación ambiental causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión eólica.

Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira, Eólicos na Mariña e Así Non, solicitaron aos xestores da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e aos 14 concellos que a configuran a adhesión á campaña organizada pola Alianza Enerxía e Territorio (ALIENTE). Esta campaña ten como obxectivo solicitar ao Comité Español do Programa Man and Biosphere (MaB), que xestiona as Reservas da Biosfera, unha moratoria de tódolos proxectos industriais enerxéticos que afecten ás Reservas da Biosfera ate que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España” que o propio Comité Español do Programa MaB, acordou encargar ao Consello Científico de dito Programa.

A campaña xa conta con 21 Reservas da Biosfera e case 260 colectivos, entre eles algún órgano xestor (como os casos das Reservas da Biosfera de Allariz e Sierra de las Nieves) e na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos y Terras de Burón” xa ten mais de 70 apoios.

Tamén se solicitou unha reunión cos xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e coa Asociación InterEo que aglutina aos 14 concellos da Reserva para discutir a problemática eólica e o posicionamento ante a mesma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com