Tres lucenses clasificados ao Campionato do Mundo de Xadrez na especialidades Rápidas e Lóstrego

A Escola Luguesa de Xadrez participará con tres xogadores no Campionato do Mundo de Xadrez Rápido e Campionato do Mundo de Xadrez lóstrego que se levará a cabo na localidade granadina de Salobreña.

Os xogadores clasificados de Lugo son Pablo López na categoría sub 14 masculina, Marta Quintás na categoría sub 14 feminina e Paula Quintás na categoría Sub 16.

Esta proba está organizada pola Federación Internacional de Xadrez e a Federación Española de Xadrez. O torneo dispútase no Centro de Convencións do Hotel Salobreña Suites. Xógase co sistema suizo a 11 roldas e nas dúas modalidades máis espectaculares que exiten.

Acompañando aos participantes irá o adestrador da Escola Luguesa de Xadrez Pablo Castro como responsable da expedición Española.

O xadrez lóstrego,  é o máis espectacular polo pouco tempo que dispoñen os participantes para xogar a súa partida. Cada xogador ou xogadora dispon so de tres minutos e un incremento de dous segundos por xogada . Se queda sen tempo perde a partida aínda que estea con clara vantaxe.

No xadrez rápido os xogadores dispoñen de 15 minutos máis un incremento de 5 segundos por xogada.

Os participantes lucenses dúas mozas e un mozo son: Pablo López Varela que este ano foi seleccionado coa selección galega sub 14 quedando o equipo segundo no Campionato de España, xa participou no Campionato de Europa por equipos Sub 14. Parte no posto inicial de 28º na modalidade de rápidas e de 5º na modalidade de lóstrego.

Marta Quintás na categoría feminina sub 14  participou coa selección galega sub 14 acadando a segunda praza no Campionato de España por equipos. Parte de 5ª na modalidade de lóstrego e de 10ª na modalidade de rápidas.

Pola súa banda Paula Quintás, xogou coa selección galega sub 16 quedando sextas no Campionato de España por equipos. Parte de 16 na modalidade de partidas rápidas e de 9ª na modalidade lóstrego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com