Triacastela abre o prazo de matrícula para as clases de baile de salón

O Concello de Triacastela ofertará ao longo de 2020 clases de baile de salón, que serán impartidas por Magali, da academia Magic Dance. As clases terán lugar os sábados de 20:00 a 21:00 horas no polideportivo do colexio Eduardo Vila Cela.

O Concello de Triacastela asumirá a metade dos custos das clases e a outra metade correrá a cargo de cada un dos participantes. O prezo total será de 20-25 euros aproximadamente, dependendo do número de inscritos. Para facer un grupo é preciso que haxa dez persoas anotadas.

Os interesados e interesadas poden obter máis información ou inscribirse na actividade no número de teléfono do Concello de Triacastela 982 54 81 47. O Goberno local conta coa colaboración da Deputación de Lugo para levar a cabo estas clases a través do Plan Único.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com