Un conductor ebrio impacta con catro vehículos estacionados

Ás 7:30 horas do pasado día 29 de febreiro,  un vehículo que circula pola rúa Montirón desvíase da súa traxectoria e choca contra catro vehículos estacionados e debido á violencia do impacto o vehículo acaba envorcando na calzada.

O condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l (supera en máis do triplo a taxa máxima), polo que se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Asemade e esa mesma madrugada un vehículo que circula en sentido contrario pola rúa Mariña Española cara a San Roque choca frontalmente contra outro vehículo que o fai en sentido ascendente. O vehículo que circula en sentido prohibido, unha vez choca, arrastra ao vehículo que circula en sentido regulamentario, fuxindo do lugar, sendo seguido pola condutora deste vehículo que é quen alerta á Sala do 092 e ao chegar á altura de San Roque con Jacinto Calvo choca de novo con outro vehículo, dándose á fuga pola Rampla de Claudio López, Rei don García e Rof Codina onde se encaixa contra dous vehículos estacionados e contra dous edificios. Alí deixa o vehículo e o condutor foxe a pé, quedando no lugar o acompañante. Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, localízao no seu domicilio da Avenida Fontiñas na cama. Practícanse as probas de detección alcohólica e arroxa un resultado POSITIVO de 0,86 mg/l (case catro veces máis do permitido), polo que foi trasladado á Xefatura da Policía Local onde se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. A condutora foi trasladada ao Hula xa que se queixaba de dor a causa do accidente.

Fotografía: imaxe cedida pola Policía Local de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com