" />

Un día máis baixa o número de infectados por Coronavirus na Área de Lugo

Unha nova baixada de infectados por Coronavirus, 47 menos nas últimas vinte e catro horas, sitúa a Lugo nun total de 498 a cifra máis baixa en moitas semanas dende que se produciu esta segunda onda de infeccións.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.521 deles 993 son da área da Coruña, 424 da de Ourense, 851 da de Pontevedra, 1.317 da área de Vigo, 905 da de Santiago, e 533 da de Ferrol, aos que se suman os 498 da de Lugo.

Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 297 en unidades de hospitalización e 5.172 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 49.634 persoas curadas, rexistrándose 1.306 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 983.162.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo