" />

Un día máis volven baixar os casos activos por Coronavirus en Lugo

Segue a baixar, paseniño, a cifra de infectados por Coronavirus. Hoxe son 175, dous menos ca onte. Os novos contaxios detectados foron cinco no último informe de sanidade, o do sábado, foran sete.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.789, deles 626 son da área da Coruña, 223 da de Ourense, 426 da de Pontevedra, 828 da área de Vigo, 424 da de Santiago e 87 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 2.613 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.772 persoas curadas, rexistrándose 2.403 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.174.358.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.607.310.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo