" />

Un elevado número de altas médicas e o descenso de novos contaxios volve baixar a cifra de casos activos de COVID 19

Novo descenso na provincia de Lugo de casos activos e de novas confirmacións de positivos en Covid19. As últimas cifras recollidas polo SERGAS ata as 6 da tarde de onte, revelan un notable descenso en contaxios con tan só 37 confirmacións por PCR, moi por debaixo das 60 notificadas na xornada anterior. Asemade, baixan tamén, moi levemente, eso si, os casos activos logo dun gran número de altas médicas recibidas nas últimas horas. Así fronte as 1.108 infeccións que se rexistraban onte, hoxe son 1.102 os casos que se manteñen activos na provincia.

Con todo, e pese a que descenderon en 5 persoas as hospitalizacións, pois manteñense so 35 persoas ingresadas, aumentou a presión na UCI do Hospital Lucus Augusti na que se efectuou un novo ingreso.

Outra nota negativa é o falecemento dunha nonaxenaria que permanecía ingresada no HULA procedente da residencia San Salvador de Guntín. A muller tiña 94 anos e é xa a vítima 118 do virus na provincia.

Con todo, e para rematar esta nova con bo sabor de boca, son xa 4.804 as persoas que superaron a Covid con éxito en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo