Lugo Sen Mordazas

Un festival ‘incívico’ para loitar contra a Ordenanza Cidadá

A Plataforma Lugo Sen Mordazas encherá de xogos tradicionais, obradoiros, actuacións teatrais e musicais a Praza Maior este sábado 30 para protestar contra a Ordenanza de Seguridade e Civismo, coñecida como Ordenanza Mordaza, que o goberno do PSOE pretende aprobar co apoio do Partido Popular e Cidadáns.

A Plataforma elaborou un completo programa de actividades que se prolongarán dende as 11:00 da mañá ata máis alá das 21:00h da noite, baixo o nome de Festival Incívico. Haberá performances de grupos de teatro como a Escola Palimoco ou a Asociación 3monos, recitais poéticos, pintura ao vivo, concertos como o de Kike Ganso con Javi Teclas, malabares, espectáculo de circo e charlas informativas sobre as sancións da ordenanza mordaza. Ás 14:00h terá lugar o xantar popular, para o que se pide que cadaquén traia a súa comida, mantel ou cadeiras. Ademais, anímase a toda persoa que o desexe a acudir co seu patín, ciclo, bicicleta, xogetes ou instrumentos para facer exhibicións de xeito libre.

“Con este Festival queremos reivindicar o dereito da cidadanía a disfrutar do espazo público e exhibir tódalas actividades inocuas que a Ordenanza Mordaza pretende criminalizar. A intención é visibilizar toda a alegría e dinamismo que as rúas perderían se se aplicase esta normativa”, sinala María Corral, integrante da Plataforma Lugo Sen Mordazas. “Non aceptaremos xamais unha normativa que castiga o uso libre do dominio público, impoñendo multas desorbitadas a músicos e artistas de rúa, vendedores ambulantes, prostitutas, activistas, persoas sen teito, a diversión e xogos da mocidade e infancia… e que persegue en última instancia tanto a supresión do dereito á protesta como a privatización do espazo público, reservando a súa utilización a uns poucos privilexiados para a explotación económica a grande escala”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com