Un home resulta ferido de gravidade nun accidente na N-640 ao seu paso por Lugo

Un home resultou ferido de consideración esta mañá despois de que o turismo no que viaxaba finalizase fóra da estrada. Segundo informa o 112-Galicia o accidente ocorreu na N-640, ao seu paso por Lugo, concretamente no punto quilométrico 91.

Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia ás 9:20 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Lugo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o home accidentado foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com