" />

Un incendio calcina por completo unha casa en Ourol

Un incendio devorou por completo unha casa habitada na parroquia de San Pantaleón, en Ourol.

Os servizos de emerxencias traballaron desde as sete desta mañá na extinción do lume, que rematou por calcinar unha vivenda de dous andares e ameazou a outra lindeira.

Precisamente, a entidade das lapas sorprenderon aos veciños, que rapidamente contactaron co 112 Galicia para dar conta da situación. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos equipos de extinción, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias debido a que a casa estaba ocupada no momento de producirse o incendio.

Para facer fronte ás lapas, foron necesarios recursos do Concello de Ourol, dos Bombeiros de Viveiro e do Distrito Forestal da zona e tamén prestaron a súa colaboración os axentes da Garda Civil.

Incendio urbano en Chantada
Por outra banda, esta medianoite, un incendio nun transformador dunha cooperativa agraria na parroquia de San Cristovo de Fornas, puxo en alerta aos servizos de emerxencia de Chantada. O aparello ardeu por completo e foi necesaria a colaboración dos bombeiros para arrefriar a zona.

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 Galicia avisouse ademais ao axentes da Garda Civil e á Policía Local. Os servizos sanitarios e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil tamén foron informados aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo