" />

Un lume en San Cibrao ataca a tres vivendas deshabitadas

Os servizos de extinción traballaron durante parte desta madrugada nun incendio declarado nunha vivenda e que afectou a outras dúas no concello de San Cibrao. Afortunadamente, tratouse de tres inmobles deshabitados polo que, non houbo que lamentar danos persoais.

Foi unha persoa particular quen, ao fío das dúas desta madrugada, chamaba ao 112 Galicia para alertar dun incendio nunha vivenda, posiblemente deshabitada, logo de escoitar unha explosión.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de San Cibrao, dos membros do GES de Pereiro, da Garda Civil, e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Rematadas as tarefas de extinción, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que unha das casas ardera completamente, ademais, outras dúas vivendas lindeiras, un baixo onde se almacenaba madeira e palla e o teito doutro inmoble, tamén resultaron afectados polas lapas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo