" />

Un lume nun alpendre no Páramo calcina un coche por completo

O lume, calcinou un coche por completo e afectou á maquinaria almacenada no interior do alpendre.

Todo sucedeu esta madrugada. Pasados quince minutos das 00:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia de que ardía un coche e que o lume xa afectaba  a unha máquina  no interior dun alpendre en Cendoi, na parroquia de Adai, no concello lucense de O Páramo.

Así, con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros e dos axentes da Garda Civil, que se desprazaron decontado ata o lugar. A rápida intervención dos Bombeiros de Sarria que se desprazaron ata o punto nada máis ser avisados polo 112 Galicia, evitou que as chamas se propagasen.

Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que o coche ardera na súa totalidade e que unha vez controlado o lume procederon a arrefriar a zona para evitar a súa propagación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo