Un mozo perde a vida nun accidente de tráfico en San Xoán do Campo

Unha mozo perdeu a vida esta madrugada nun accidente de tráfico ocorrido na estrada LU-612, entre os puntos quilométricos 8 e 9, ao seu paso pola parroquia de San Xoán do Campo, no termo municipal de Lugo.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 00:45 horas, a través do aviso dun smartphone que informaba dun accidente de gravidade.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia activouse un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional e Local, ademais dos efectivos de Protección Civil.

Nun primeiro momento, barallouse a posibilidade de que a persoa implicada estivese atrapada no interior do vehículo, polo que se solicitou a intervención dos Bombeiros de Lugo. Porén, finalmente, non foi necesaria a súa actuación.

Con todo, o persoal sanitario confirmou o falecemento da persoa no lugar do accidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com