Activada a pre-alerta ante a posible crecida do río Miño ao seu paso por Lugo

O Centro de Control de cunca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informa que a estación do Sistema Automático de Información Hidrológica (SAIH), N001 no río Miño en Lugo, rexistra uns niveis que superan o umbral de pre-alerta  cunha evolución que fai previsible situacións significativas de crecida.
Por elo, dende a Área de Transición Ecolóxica non se recomenda o tránsito peonil no tramo do Paseo do Miño entre o Balneario de Lugo e o Restaurante o Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que non se acheguen ata as zonas inundables próximas aos ríos, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com