" />

Un novo obradoiro na Casiña de Paula favorece a vida de ocio familiar en Lugo

A Casiña de Paula volveu a abrir onte as súas portas para a celebración dun obradoiro infantil de pintura e decoración de macetas. Nenos e nenas de cinco anos en diante, sempre en grupos de reducidos, crearon os seus propios deseños, a base de pinturas e troquelados, para levarse ás súas casas unha pranta nunha maceta orixinal e creativa.

Estes obradoiros desenroláronse como parte da oferta de actividades dos Tardeos na Tinería, co obxectivo de conciliar o tempo de ocio de toda a familia, para que os máis pequenos gocen dunha actividade creativa e artesanal, mentres os seus pais poden tomar algo nalgún dos locais de hostalería do barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo