" />

Un novo paso de peóns luminoso conectará o parque de Marcos Cela co miradoiro da Volta da Viña

O Tenente de Alcaldesa e edil de Medio Ambiente supervisou o inicio dos traballos de comunicación entre o parque Marcos Cela co miradoiro de Volta da Viña. Farase mediante a instalación dun novo paso de peóns intelixente. Será o segundo paso lumínico, capaz de detectar a presenza de peóns, que se instale na cidade, logo do recentemente estrenado na Rolda do Carme.

A rexedora explicou que “este martes leváronse a cabo os primeiros traballos co extendido dunha capa de aglomerado para a execución do badén sobre o que se sinalizará o paso de cebra; posteriormente instalaráse un novo cadro eléctrico na marxe dereita da calzada, en sentido descendente, no entorno do mirador; e, feito isto, procederase a colocar nova iluminación e balizas que mellorarán a seguridade tanto dos propios conductores, como dos péons e ciclistas –xa que pola zona transcorre a senda verde ciclista urbana–”.

En efecto, o ámbito de actuación do proxecto conflúe coas obras da nova senda ciclista na rúa Santiago, actualmente en execución. “Para conectar o miradoiro de Volta da Viña co parque Marcos Cela da forma máis segura posible exponse compartir un pequeno tramo do carril bici, alargando e reforzando a sinalización deste itinerario, para que tanto o ciclista como o peón poidan circular con normalidade”.

O proxecto do carril bici prevía a colocación de separadores viarios ovalados, que serán substituídos no proxecto actual por bolardos convencionais para incrementar a súa visibilidade. Tamén se modifica a cor prevista neste ámbito para indicar a existencia dun tramo compartido co peón e diferencialo do resto do tramo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo