Un novo semáforo reducirá o tráfico no casco histórico

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto coa concelleira de Turismo, Maite Ferreiro , visitaron na mañá de hoxe o barrio da Tinería, onde nos próximos días se instalará un novo semáforo que regulará a saída de vehículos á Ronda da Muralla dende a porta Miñá, o que “reducirá o número de vehículos que circulan polo centro da cidade”.

Segundo Penas, “este novo semáforo regulará a entrada e saída do tráfico na Tinería, que antes estaba obrigado a saír facendo un percorrido pola Tinería, rúa Nova, praza da Soidade e praza de Armanyá”. Con esta medida o goberno responde a unha demanda de veciños e veciñas do casco histórico, ademais das asociacións que representan a comerciantes e hostaleiros do barrio.

“Dende as áreas de Infraestruturas e Turismo seguimos poñendo solucións para activar Lugo e convertelo nunha cidade amable coas persoas”, indicou o Concelleiro de Infraestruturas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com