" />

Un peón resulta ferido de gravidade nun atropelo en Navia de Suarna

Os feitos ocorreron a primeiras horas desta maña, segundo informa o 112 Galicia, cando os servizos de emerxencia tiveron que intervir para atender a un peón que foi alcanzado por un vehículo na estrada que une as localidades de Murias de Rao e Panosarco, no concello de Navia de Suarna.

Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao ferido.

Para prestar apoio ao equipo médico e coordinar as labores de aterraxe da aeronave, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos membros do GES de Becerreá e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ferida una muller ao sufrir unha caída nunha fervenza en Pantón

Asemade, na tarde de onte, unha muller resultou ferida ao precipitarse nunha zona de difícil acceso nunha fevenza en Pantón. Debido ás lesións sufridas, non era quen de abandonar o lugar polos seus propios medios e os servizos sanitarios de urxencia desprazaron ata a zona da Fervenza da Auga Caída, ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Ao tratarse dun lugar onde o acceso directo por terra facíase complicado para os equipos de intervención, activouse un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de  Monforte e tamén os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo