Unanimidade do Pleno provincial para que os bombeiros se rexan por unha xestión directa

O Pleno Provincial celebrado hoxe acadou a unanimidade na moción presentada polo Grupo Provincial do PP para que os bombeiros se rexan por unha xestión directa, o que permitirá que sexan traballadores públicos e poida facerse efectiva a equiparación salarial que demandan.

Os populares lamentaron que se o PP non trouxera unha proposta ao Pleno no mes de xuño e o presidente do Consorcio o metera na orde do día na reunión de onte, “non estaríamos aquí”. Explicaron que a resposta do PP é clara: “sí a dignificar e á xestión directa para que teñan esa condicións de traballadores públicos e que cobren igual”.

Desde o PP sinalaron a importancia de manter esta moción, posto que cando foi presentada os acordos que se demandan non estaban aínda confirmados polo Pleno do Consorcio, cuxa reunión se celebrou onte. Agradecen que as administracións sumaran esforzos en 2011, o que trouxo consigo que a provincia teña un magnífico servizo, moi ben valorado pola cidadanía.

“En  2011 tomouse unha decisión importante e agora é o momento de mover ficha e o PP xa se posicionou en diferentes plenos con valentía e fixemos unha aposta clara por recuperar a xestión directa e que o servizo o presten as institucións para equiparar a todos os bombeiros, o que redundará na calidade do servizo”, engaden.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com