Unha ciclista sofre una caída mentres participaba nunha proba de montaña en Quiroga

Debido á complexidade para acceder á ferida, o equipo médico contou coa colaboración dos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, que participaron nos labores de traslado da deportista ata a ambulancia.

Un operativo de rescate que se activou ás 15:00 horas de hoxe despois de recibir o 112 Galicia a chamada de alerta dun particular que pedía asistencia para unha deportista ferida no medio do monte. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel debido ás dificultades para acceder á ferida. De feito, os efectivos de emerxencias colaboraron co equipo médico no traslado da ciclista ata a ambulancia que agardaba no punto máis próximo ao accidente.

Tamén desde o 112 Galicia fíxose uso das novas tecnoloxías para axilizar a localización da deportista ferida, como son o whatsapp e un SMS para o envío das coordenadas da súa situación, pero a rápida chegada do equipo médico guiou ao resto do operativo ata o lugar do accidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo