Unha nova edición do ‘Faite dixital’ amosará a sede electrónica da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia nas catro provincias galegas .

A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora contidos por campañas.

Para facilitar o labor de acompañamento e formación á cidadanía dos responsables das aulas CeMIT e dos aliados dixitais do Plan de inclusión Dixital de Galicia, a Amtega ofrece esta formación, que se abre tamén ao persoal dos concellos galegos e calquera outro usuario interesado. Nas xornadas abordaranse os seguintes contidos:

• Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: Certificados electrónicos e Chave365.
• A Sede electrónica da Xunta de Galicia: A nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
• Notifica.Gal: Trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
• Outros sistemas de administración electrónica.

Cos coñecementos adquiridos, posteriormente organizaranse na Rede CeMIT actividades formativas para espertar o interese e reforzar a confianza das persoas no uso dos servizos públicos dixitais.

Adicionalmente, porase a disposición de todos os participantes os contidos formativos tratados nas xornadas a través da plataforma de teleformación EMA.

As persoas interesadas en adquirir coñecementos en Administración Electrónica e en organizar actividades formativas sobre esta temática na rede de aulas CeMIT poderán inscribirse gratuitamente cubrindo un formulario accesible na web da Rede CeMIT: https://cemit.xunta.gal/frm_xornadas_sede.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com