" />

Unha persoa falece ao quedar atrapada baixo un tractor

Unha persoa foi localizada sen vida baixo un tractor, que operaba nunha leira situada en Cima de Vila, en Ribadeo. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 7.30 da tarde de onte mediante a chamada de alerta dun veciño, que atopou á persoa atrapada debaixo do vehículo agrícola.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Barreiros para liberar á vítima, aínda que xa sen constantes vitais. Ademais, neste operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local e Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo