Unha persoa falece nunha saída de vía en Baleira

Unha persoa faleceu despois de envorcar o vehículo no que viaxaba no concello de Baleira.

O accidente ocorreu cando o turismo que circulaba á entrada do Polígono, pasados uns minutos das 02:00 horas desta madrugada, se saíu da vía e envorcou contra un valado. Ademais, outro ocupante do turismo tamén resultou ferido, segundo indicaron os servizos sanitarios ao 112 Galicia.

Nada mais ter coñecemento das dúas persoas no interior do vehículo, os xestores do 112 alertaron aos Bombeiros de Sarria, que decontado se desprazaron  ata o punto. Tamén, os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados dos feitos.

Unha vez no lugar, os Bombeiros comunicaron ao 112 que foi preciso que os servizos sanitarios rompesen  a cristaleira dianteira do vehículo para evacuar á persoa falecida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com