Unha ruta de 21 murais embelecerán a ruta da Ribeira Sacra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luís Fernández, visitaron o mural realizado na praza do Toural do concello de Sober no marco da campaña turística da Ribeira Sacra.

Esta peza é un dos 21 murais exteriores que embelecerán determinados espazos públicos degradados de cada un dos concellos que compoñen a Ribeira Sacra a traveso de intervencións de arte urbana. O obxectivo e crear un produto turístico innovador, case inexistente no entorno rural que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicións desta zona turística.

Trátase da primeira ruta deste tipo que hai en Galicia e das poucas de España xa que solo as cidades de Zaragoza, Valencia, Madrid e Barcelona levan a cabo actuacións para a promoción deste produto. A iniciativa busca conectar a paisaxe e a historia da Ribeira Sacra coa de hoxe, embelecer algún espazo dos máis degradados ou desapercibidos, e crear unha nova herdanza, xunto coa existente.

O obxectivo é, polo tanto, reflectir de xeito artístico os emblemas, valores, recursos ou tesouros máis destacados da comarca. Así, a través destas expresións contemporáneas de arte búscase xerar patrimonio e converter espazos decadentes en cadros de gran tamaño.

A acción, ademais, pretende contribuír a difundir a candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade tanto a nivel local como a nivel nacional e internacional buscando, mediante estas intervencións de carácter innovador, manter vivo o interese turístico da zona.

A actividade é froito dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Unha vez rematada, a ruta estará constituída por un total de 21 murais, un en cada concello, da Ribeira Sacra que reflectiran un ou varios sinais de identidade do propio concello ou da Ribeira Sacra en xeral.

As extensións variarán en función da localización seleccionada en cada caso, pero establécese a priori en doce metros cadrados. Ademais do mural de Sober, xa están rematados os murais de A Pobra do Brollón, Taboada e Ribas de Sil. Asemade, iniciaranse nos próximos días os de Pantón, Portomarín e Quiroga. A mediados de outubro xa poderase desfrutar da ruta completa.

Este novo produto constitúe un reclamo turístico que contribuirá a que a Ribeira Sacra continúe neste ano a senda de crecemento rexistrada no pasado ano. No 2014 a Ribeira Sacra superou nun 20% a cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros do ano 2013, rexistrando máis de 150.000, e nun 18% o seus nivel de pernoitas, con preto de 230.000 neste caso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com