" />

Unha vez máis en Lugo non houbo novos casos de infectados polo Covid-19 e o total é de 563 

Un día máis  as áreas sanitarias de  Lugo e provincia seguen arroxando datos positivos, xa que non houbo novos casos de persoas infectadas e ademais houbo novas altas o que se traduce ne que os casos baixaron, isto terá efecto para unha mellor xestión dos doentes que aínda seguen nos diferentes hospitais da provincia. Este é un dato máis para a esperanza, pero iso non nos debe levar a baixar a garda, é necesario que sigamos sen saír da casa, porque se non mantemos as recomendacións derivadas do Estado de Alerta, todos estes días de esforzo e confinamento que levamos feito, poden quedar en nada se non seguimos as indicacións das autoridades.

En canto a Galicia os datos tamén melloran , a  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551, deles 1.148 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 1.041 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 36.799.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Maria Isabel Rancaño Pardo
    Abr 10, 2020 - 02:35 PM

    https://www.facebook.com/127441477340507/posts/2880976581986969/haber aclaraos por q el progreso pone q hubo 8 nuevos casos y vosotros q ninguno

    Reply
  2. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 09, 2020 - 03:15 PM

    é en “alguns” partidos están que trinan,oiga

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo