Unhas 300 persoas participan dende hoxe en Lugo no XII Congreso de Agricultura Ecolóxica

O presidente da Deputación de Lugo , Darío Campos, inaugurou este mércores o XII Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, un evento que se celebra por vez primeira en Lugo e que reunirá, durante os días 21,22 e 23; a máis de 300 participantes no Pazo de Feiras e Congresos. A Deputación fai unha achega de 40.000 para financiar o Congreso; así como para a posta en marcha de NaturaLugo, unha feira coa que o organismo provincial pon en valor a produción ecolóxica lucense.

O evento terá lugar na primeira planta do Pazo de Feiras e Congresos, mentres que na planta baixa organizarase a feira NaturaLugo, que se inaugurará mañá. Nela poderán participar máis de 800 persoas de todas as idades cunha programación que contempla un total de 25 actividades e obradoiros totalmente gratuítos.

Campos Conde sinalou que o Congreso da SEAE “fará que Lugo se convirta durante esta semana na capital mundial da agroecoloxía, xa que é un dos eventos máis importantes para o sector, tanto pola cantidade de persoas que reúne, como pola calidade dos poñentes, chegados de diferentes países”.

O presidente indicou ademais que “dende a Deputación involucrámonos na organización de NaturaLugo e do Congreso da SEAE, así como na posta en marcha da primeira Escola de Agricultura Ecolóxica pública e gratuíta no Concello do Valadouro, ademais de distintas programacións formativas e gratuítas que impulsan o emprendemento sustentable, facendo posible a creación de novos negocios agroecolóxicos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com