Uns 47 condutores dan positivo en alcol e drogas nos controis de tráfico polo Arde lucus

Un total de 47 condutores deron positivo en alcol e drogas nalgún dos controis da instalados esta fin de semana nas estradas da provincia con motivo das festas do Arde Lucus.

A Garda Civil realizou máis de 4.300 probas nas que un total de 17 condutores deron positivo por drogas e 27 no test de alcolemia. Outros tres máis pasaron a disposición xudicial en calidade de investigados como presuntos autores de diferentes delitos contra a seguridade viaria e outros 27 foron denunciados ante a Xefatura Provincial de Tráfico.

Ademais, detectouse a 245 vehículos circulando con exceso de velocidade, aínda que non houbo que lamentar ningún accidente grave durante toda a fin de semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com