A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Clim‡tico, Cruz Ferreira, comparecer‡ en rolda de prensa para facer balance meteorol—xico do ver‡n

O verán galego deixou un 27% menos de chuvias do esperado na Comunidade

O verán deixou en Galicia un 27 por cento menos de chuvias do que cabería esperar para esta época do ano. Así o confirmou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, que hoxe presentou en rolda de prensa o balance climatolóxico correspondente á estación, que foi definida como moi cálida e seca.

Neste senso, a responsable de Calidade Ambiental e Cambio Climático indicou que os valores de precipitacións rexistrados nas comarcas de Ortegal e a Mariña Lucense, en concreto, no concello de Burela, onde se contabilizaron 211 litros por metro cadrado, contrastan cos apenas 40 recollidos nas comarcas pontevedresas do Morrazo, Arousa e Verín.

Polo tanto, a media do verán en canto ás precipitacións situouse nos 92 L/m2 e os episodios de chuvias rexistradas nesta tempada estiveron maioritariamente relacionados con eventos tormentosos, que foron especialmente significativos nos meses de xuño, cando incluso se superaron os valores normais do período de referencia 1981-2010, e o mes de agosto, entre os días 27 e 29, cando tivo lugar o fenómeno meteorolóxico coñecido como a DANA ou ‘gota fría.

No que respecta ás temperaturas, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático destacou que foi un verán cálido con temperaturas que estiveron case un grao por riba da media dos últimos anos. Cruz Ferreira explicou que comezamos a tempada estival cun mes de xuño con altas temperaturas alimentadas por masas de aire cálido procedente do norte de África. Neste mes, os termómetros presentaron os índices máis baixos na Mariña lucense e Ortigueira, mentres que os máis altos rexistráronse nas comarcas limítrofes cos ríos Miño e Sil.

Un outono normal
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático referiuse, tamén, ás previsións de cara ao outono, que, tomando como referencia os mapas de anomalías previstas por outros servizos meteorolóxicos de EEUU, Reino Unido, Francia o do Centro Europeo de Predición a Medio Prazo, e tendo en conta que a meteoroloxía non é unha ciencia exacta, “será normal en canto a chuvia e temperatura”. Neste senso, Cruz Ferreira avanzou que será un outono “no que cabe esperar o paso de abundantes frontes asociadas a borrascas atlánticas, con entradas posteriores de aire frío e pausas anticiclónicas, que deberían ir perdendo frecuencia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com