" />

Victoria do Club Deportivo Lugo e Ribeira Sacra Breogán, e empate do Prone ante o Navarra

Na crónica deportiva desta fin de semana, o Club Deportivo Lugo gañou á Unión Deportiva Las Palmas, 2-1, grazas a un dobre de Iriome. Os lucenses, despois de vencer ao líder, son décimo cuartos con vinte e oito puntos.
Escoitamos ao adestrador do Lugo, Quique Setién:


En fútbol sala, o Prone Lugo buscaba darlle unha alegría á súa afección en forma de puntos, logo de logralo nas súas dúas últimas citas lonxe do Pavillón Municipal.En fronte, un Aspil Vidal Ribera Navarra que intentaba asentarse entre os oito primeiros postos da clasificación, e que con moito traballo e empeño logrouno.
Ao final puido facelo cun resultado  de empate a tres goles.

Por outro lado, o Ribeira Sacra Breogán conseguiu vencer no derbi que se celebrou esta fin de semana ante o Leyma Básquet Coruña en Riazor, cun resultado final de 57-72 para os celestes.
A igualdade foi a tónica xeral do Derbi, ao que o Breogán chegaba con intención de rachar coa mala vaga de resultados das dúas últimas tempadas ante os coruñeses, e de esquecer a Copa Príncipe e a derrota en Liga ante o Navarra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo