O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, puxo en valor o servizo de Bibliotecas Móbiles do Goberno galego, A Furgoteca, como unha ferramenta fundamental para a dinamización cultural dos concellos rurais da provincia. Fíxoo durante unha visita ao municipio do Incio, onde comprobou de primeira man o funcionamento deste recurso itinerante promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Durante a súa visita, Villares destacou a “excelente acollida” que está a ter esta iniciativa entre a cidadanía. Segundo explicou, o pasado ano A Furgoteca conseguiu duplicar o número de usuarios e usuarias, superando actualmente as 2.600 persoas rexistradas.
A Xunta de Galicia puxo en marcha este servizo no ano 2023 para achegar a lectura e a cultura a vinte concellos rurais de Lugo e do sur de Ourense con menos de 20.000 habitantes e que carecían de biblioteca pública. Posteriormente, a comezos de 2025, incorporouse unha terceira ruta que permitiu ampliar a cobertura a outros dez municipios do oeste da provincia de Ourense.
Na provincia de Lugo, a ruta da Furgoteca presta servizo nos concellos das Nogais, Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela. A través desta biblioteca móbil, a veciñanza pode acceder a un amplo catálogo de libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas sen necesidade de realizar desprazamentos. Ademais, o servizo desenvolve diversas actividades de animación á lectura e promoción cultural.
“É un servizo que leva a cultura directamente ao territorio, achegándoa aos veciños e veciñas que non contan cunha biblioteca fixa e garantindo a igualdade de acceso independentemente do lugar no que se viva”, sinalou o delegado territorial.
A ruta da montaña lucense visita dúas veces ao mes cada un dos dez concellos participantes. Nunha das xornadas, A Furgoteca sitúase en puntos de maior afluencia de público, como feiras, mercados, centros educativos, centros de saúde ou espazos socioculturais. Na segunda visita mensual, o vehículo percorre parroquias e aldeas para ofrecer unha atención máis próxima e personalizada á poboación.
O servizo continúa estes días o seu percorrido pola provincia. Tras a súa presenza en Negueira de Muñiz, a Furgoteca visitará Triacastela o 28 de xuño, Navia de Suarna o día 29 e Samos o 30 de xuño, consolidando






