Vitoria do Club Deportivo Lugo no I Trofeo Mineiro

O I Trofeo Mineiro enfrontou ao CD Lugo contra o Viveiro CF, no Campo Municipal de A Mina, en A Pontenova. Como era de esperar, Luís Milla, dispoñía un equipo con moitas novidades, entre as que se contaban Jon García e Caballé, como centrais, e a presencia de Keko no eixe medular, ou Dani Pedrosa como o máis adiantado. Xa nos primeiros minutos do encontro, Pedrosa facía o primeiro, nun pase de Lemos pola banda dereita, e minutos despois, outra vez Pedrosa, marcaba o segundo, tras bater a meta rival, nun man a man. O xogo continuou fluído e áxil para os de Milla e proba de isto foi o terceiro gol, de novo de Pedrosa, no minuto 12. Rápido e efectivo, e xa pasando o cuarto de hora de partido, Pedrosa repetía, marcando o seu cuarto tanto. O encontro chegaba ao ecuador da primeira metade, con ambos equipos buscando a combinación e chegadas ao terreo contrario, cando Pedrosa, conseguía un repóquer que facía mérito ao gran papel que desempeñou en todo o encontro.

Polo bando rival, o Viveiro CF, buscaba o primeiro tanto do encontro, nunha falta directa, pero que saía desviado por riba do marco de Roberto, e antes de irse ao descanso, Molinero poñía o 6 – 0 no marcador.

A segunda metade, continuou pola liña marcada, conseguindo o Lugo un novo tanto, de novo de Pedrosa a pase de Molinero. Co paso dos minutos, reduciuse a intensidade do xogo, e os cambios sucedíanse en ambos bandos. O Viveiro comezou a buscar con intensidade o gol, sumando efectivos preto da área rival, e o seu premio chegaba a dez minutos do final, cun gran disparo de Rivas, que nada puido facer Roberto.

Co final do encontro, concluíu unha xornada que foi punto de arranque e inauguración das instalacións de A Mina, unha celebración deportiva que serviu para que en A Pontenova, xogadores e afeccionados gozasen dunha xornada de fútbol.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com