Voluntarias do Espazo+60 de Viveiro participarán nunha clase de aeróbic con escolares

Voluntarias do Espazo +60 que Afundación, a Obra Social de ABANCA, ten en Viveiro, participarán nunha clase de aeróbic interxeracional na que practicarán esta disciplina deportiva con nenas e nenos de primeiro de Primaria do Colexio Landro. A clase será mañá, ás 10.30 h no Espazo +60 Afundación de Viveiro (Av. Mariña, 49). Paralelamente a esta actividade outro grupo de socios e socias realizarán un taller de manualidades do Nadal con alumnos de educación infantil.

Esta iniciativa enmárcase no programa de voluntariado ‘O valor da experiencia’ da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, favorecendo o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado. A oferta de actividades dos Espazos+60 da Obra Social de ABANCA permite ás persoas participantes atopar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente, de seguir formándose, en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade, á vez que se goza de boa saúde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo