" />

Volven subir os infectados por Coronavirus na Área de Lugo

O número de infectados na Área de Lugo é de 781, nove máis que nas últimas vinte e catro horas. O andazo segue a propagarse por mor de non cumprir as normas que as autoridades sanitarias teñen implementado para frear o andazo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322 deles 1.237 son da área da Coruña, 500 da de Ourense, 577 da de Pontevedra, 387 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 181 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas curadas, rexistrándose 696 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 405.798

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo