" />

O X Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7 celebrarase este sábado no Polvorín

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente da Peña de Árbitros 9,15, Óscar Carballo, presentaron esta mañá, o X Torneo Nacional de Árbitros Fútbol 7. Este campionato deportivo para árbitros de fútbol e fútbol sala, co que colaboran o Concello e a Deputación, terá lugar este sábado, 30 de decembro, no campo municipal do Polvorín.

Na presentación, Miguel Fernández, logo de amosar a disposición do Concello a colaborar con este tipo de iniciativas, subliñou o espírito deste torneo, que “non é outro que a confraternidade entre os integrantes deste estamento, primordial para o desenrolo deste deporte no noso país, colectivo que non sempre ve recoñecido o seu traballo”.

O edil convidou a todos os veciños e veciñas de Lugo, “unha vez máis, a acoller a todas as persoas que, con motivo deste torneo, nos visitan nestas datas tan sinaladas, desexando que a estancia na nosa cidade sexa do maior agrado posible, e que serva para levar un bo recordo da súa estadía”.

Óscar Carballo, agradeceu “a colaboración do Concello e a Deputación, sen as cales non sería posible a celebración deste tipo de eventos”. Tamén fixo un breve repaso da historia deste torneo, iniciado no ano 2003, coincidindo coa creación da Peña e que nesta edición contará coa participación de preto de 300 inscritos, entre os que se atopan colexiados de Sevilla, Cantabria, Palencia ou Salamanca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo