" />
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidirá a toma de posesión da nova directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar. Na sede de Gain, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) (rúa Airas Nunes, s/n). foto xoán crespo 09/12/16

A Xunta convoca unha liña de axudas á innovación para PEMES e microempresas galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, anunciou esta mañá a inminente publicación da nova convocatoria de axudas para a implementación de plans de innovación en pemes e microempresas galegas, durante a visita que realizou á empresa lucense Tastelab. A spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, tal e como sinalou a directora, “é un exemplo de peme innovadora galega”, referente no ámbito da análise sensorial de produtos da industria alimentaria, cosmética e farmacéutica, entre outros, e que vén de abrir unha nova sede en Miami.

O obxectivo desta visita “é transmitir ás pemes galegas que a innovación non é só para as grandes empresas, senón que pequenas compañías como Tastelab poden aumentar a súa competitividade grazas a apostar pola innovación e, deste xeito, impulsar o crecemento económico da nosa Comunidade, dun xeito sólido e sustentable”, segundo informou Argerey.

Tastelab recibe apoio da Axencia Galega de Innovación a través do programa Principia, – grazas ao que ten contratado un técnico- e participou na fase de academia da aceleradora VíaGalicia, na súa sede de Lugo.

Tal e como explicou a directora de GAIN, a Xunta investirá cinco millóns de euros co obxectivo de apoiar o desenvolvemento de plans de innovación en arredor de 60 micro, pequenas e medianas empresas con sede en Galicia que permitan fortalecer a súa competitividade mellorando a súa capacidade innovadora e mobilizar 10 millóns de euros.

As principais vantaxes desta convocatoria son que as empresas poden presentarse a título individual; as axudas poden acadar o 50% do orzamento subvencionable e ascender a contías de entre 50.000 e 150.000 euros, cofinanciadas por Fondos Feder Galicia; e os apoios, aliñados co contido do plan de innovación, van destinados a persoal, equipamento e custos de adquisición de patentes, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo