" />

Xunta e traballadores de Alcoa coinciden na necesidade de que o Goberno do Estado achegue responsatas sobre a situación da compra-venda

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá en Santiago de Compostela, unha reunión co comité de empresa de Alcoa San Cibrao para abordar a situación da planta da Mariña. Ambas as dúas partes coincidiron na necesidade de que o Goberno achegue respostas en relación ao proceso de compra-venda da planta.

“A conclusión é que o Goberno debe trasladar respostas e transparencia en relación ao proceso de negociación de compra-venda nun contexto onde non se teñen producido avances. Ante a proximidade do 30 de abril é preciso que haxa certezas”, asegurou Conde. O vicepresidente económico explicou que o Goberno, a través da Sepi, debe aclarar cal é o seu papel dentro do proceso e ser o elemento facilitador que permita a venda da planta; e que Alcoa debe garantir que se manteñen os termos nos que se negociou en setembro.

Conde lembrou que pasaron xa moitos meses desde que se iniciou este proceso e que existe unha urxencia “económica e social” xa que toda unha comarca está pendente de que se poida despexar o futuro dos traballadores da planta. A Xunta, por tanto, segue apelando ao diálogo e ao entendemento e defende traballar todos xuntos para dar certezas a Alcoa e ao conxunto da industria electrointensiva.

Neste sentido, para Conde, “é necesario” que o Ministerio de Industria se comprometa a establecer os mecanismos necesarios para garantir un prezo eléctrico competitivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo